Sede electrónica Concello de Bergondo

21:34:48 Mércores 13 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Certificado de empadroamento

O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" é un documento público e fehaciente que acredita a residencia así como outros datos relativos ó empadroamento. É necesario en trámites ou situacións específicas ou excepcionais.
Antes de solicitalo, terase en conta se coa presentación dun volante de empadroamento é suficiente, xa que a información que consta tanto nun como noutro é a mesma.

 O cidadán poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:

  • Certificado de Empadroamento Individual
  • Certificado de Empadroamento Colectivo
  • Certificado de Empadroamento Histórico
  • Certificado de Empadroamento Negativo Individual
  • Certificado de Empadroamento Negativo Colectivo

Certificado Individual, o Certificado Histórico e o Certificado Negativo Individual xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse no momento da solicitude. 

Os certificados colectivos, en cambio, serán tramitados polo Concello como calquera outra solicitude telemática.

Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de certificado de empadroamento.
  • Cando o solicitante e o/os interesado/s para o que se solicita o certificado non estivesen empadroados no mesmo domicilio:
  • Autorización para a representación. No caso de que sexa para unha persoa maior de idade distinta do solicitante, e que non figure empadroado no mesmo domicilio, debe achegarse autorización asinada autorizando a representación.
  • Para o caso de menores non emancipados, maiores, incapacitados ou persoa falecida, que non figuren empadroados no mesmo domicilio que o solicitante se deberá achegar documentación acreditativa de ostentar a tutela legal e/ou do parentesco: Libro de Familia, declaración de herdeiros, autorización do representante legal, etc.

Nome: Solicitude certificado de empadroamento.

Unidade tramitadora: Padrón de habitantes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Secretaría - Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de execución:
Dependendo do contido da solicitude de 1 a 4 días.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.