Sede electrónica Concello de Bergondo

06:57:31 Mércores 12 de maio 2021

Información

Urbanismo

27/04/2021

Exposición pública Avaliación Impacto Ambiental Celso Núñez, S.L.

VI. Anuncios a) Administración autonómica Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ANUNCIO do 23 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental dunha planta fixa de xestión de residuos de construción e demolición en Bergondo (A Coruña), promovida por Celso Núñez, S.L. (expediente 2019-SC-I-00175). Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado: – Estudo de impacto ambiental do proxecto de planta de almacenamento, valorización e eliminación de residuos industriais non perigosos en Bergondo (A Coruña). Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular dentro do prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os documentos poderán consultarse en horario de atención ao público: – Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Residuos (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). – Na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña). – No Concello de Bergondo (estrada A Coruña-Ferrol, 12, 15165 Bergondo, A Coruña). As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Residuos. Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021 María Sagrario Pérez Castellanos Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático CVE-DOG: 4tgfduk4-v334-wby1-bbp7-ex9dm64ji4y8 DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20908 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia ANEXO Expediente: 2019-SC-I-00175. Titular: Celso Núñez, S.L. NIF: B15162399. Actividade: valorización de residuos non perigosos


Xustificantes de Publicación: