O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, unha praza de peona durante doce meses de acordo coa subvención concedida ao abeiro da Orde de 23 de decembro de 2024 publicada no DOG nº 12, de data 20/01/2025 (código do procedemento SI461A).
Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
El período de presentación de instancias sería entre los días 19-25 de setembro de 2025 (ámbolos incluídos).
Valoraranse os seguintes méritos:
A.1.–Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 6 puntos.
Por servizos prestados en calquera Administración Pública ou empresa privada coa categoría de Peón/na (xardinería, carpintería, albanelería, limpeza de praias ou forestal): 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 6 puntos.
A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida pola secretaría do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os servizos, ou como se sinala a continuación para a empresa privada; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo, e só se avaliarán os servizos prestados nos últimos cinco anos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. A non presentación de ambos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado.
Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.
A.2 Cursos, ata un máximo de 5 puntos:
De formación:
Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.
A acreditación dos cursos efectuarase mediante copia dos correspondentes certificados ou diplomas expedidos por calquera Administración Pública ou entidades públicas ou homologadas por elas. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas.
A.3. Antigüidade no prazo establecido no último parágrafo do artigo 6 da Orde de 23/12/2024, ata un máximo de 4 puntos.
Nombre: Convocatoria da selección 1 peón/a (código del procedimiento SI461A)
Inicio del procedimiento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persona física.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Tasas/impuestos: No tiene tasas.
Canales de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.