É obxecto desta convocatoria regular as axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo, que consisten na subvención de libros e/ou parte do material escolar para o curso 2023-2024.
O prazo para presentar as solicitudes é dende o 16 de xuño ao 13 de xullo, ambos os dous incluídos.
Os/as estudantes empadroados no Concello de Bergondo que durante o curso 2023-2024, cursen estudios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino Público do termo municipal de Bergondo e que os ingresos das súas unidades familiares non superen as cantidades que se recollen na táboa da base terceira da convocatoria.
As solicitudes segundo o modelo oficial presentaranse preferentemente de xeito telemático a través da Sede electrónica municipal.
Para a vía presencial requírese cita previa chamando ao Rexistro municipal no 981791252 Ext.2 en horario de 09,00 a 14,30h ou a través do enderezo electrónico cita.previa@bergondo.gal.
Nome: Solicitude de inscrición na convocatoria de axudas para a escolarización de menores do Concello de Bergondo 2022-2023.
Unidade tramitadora: Ensino.
Inicio do procedimiento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local
Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.
Prazo de execución: 3 meses
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo
Canles de atención: Telemático
Presencial