Sede electrónica Concello de Bergondo

13:39:15 Venres 29 de marzo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria da selección 3 prazas de Peóns ao abeiro do PEL-CONCELLOS

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é cubrir, mediante concurso, tres prazas de peón ao abeiro do Programa de axudas á contratación de persoal para a execución de de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de Emprego Local.

O prazo de presentación e entre os días: 26/04/2023-05/05/2023 (ambos incluídos).

  • Solicitude.
  • Fotocopia do DNI (no caso de representación).
  • Fotocopia do título esixido no apartado C.
  • Documentos que acrediten o cumprimento das situacións previstas no artigo 2.1 da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as Bases do Programa de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, PEL Concellos Reactiva 2023 do seguinte xeito: 

    Mulleres e persoas maiores de 45 anos

    Fotocopia de DNI

    Persoas desempregadas de longa duración

    Informe de Vida Laboral actualizado

    Persoas con discapacidade

    Fotocopia do certificado de discapacidade

    Persoas en situación de drogodependencia, persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego, persoas em fogar monoparental/monomarental, persoas con problemas para atopar un emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas víctimas de violencia de xénero e persoas sen fogar.

     

    Informe do servizos sociais municipais

  • Ser candidato/a remitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a correspondente Oferta de Emprego presentada na Oficina do SPE de Betanzos. En todo caso a persoa a contratar deberá atoparse nalgunha das situacións previstas no artigo 4.2 das Bases epecíficas PEL-CONCELLOS 2023- PROGRAMA DE AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA A EXECUCIÓN DE DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA, INCLUÍDO NA LIÑA 1.1 DO PLAN DE EMPREGO LOCAL, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA.

Nome: Convocatoria de selección 3 prazas de Peóns ao abeiro do PEL-CONCELLOS

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Non ten taxas.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.