Sede electrónica Concello de Bergondo

21:14:45 Mércores 13 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

O procedemento de "Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitarlles a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas con ela.

A tarxeta de estacionamento só a poden tramitar as persoas que tendo certificado de minusvalía, teñan recoñecida a dificultade para a utilización de transportes públicos e serve para que poidan aparcar nos sitios reservados a minusválidos.

A tarxeta de accesibilidade pódea tramitar toda quela persoa que teña certificado de minusvalía e serve para acreditar que posúen ese certificado pero non para aparcar, é dicir, serve para non levar o certificado orixinal pero nela non figura o grao de minusvalía.

Persoas físicas que, atopándose legalmente en situación de mobilidade reducida/discapacidade, e estando empadroadas no municipio, desexen solicitar unha tarxeta de estacionamento e accesibilidade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
  • Certificado de Minusvalía. Certificado emitido polos equipos de valoración (EVO) da Xunta de Galicia, ou polos doutras comunidades autónomas, indicando o grao de minusvalía e dicindo expresamente que á persoa se lle recoñecen as dificultades para utilizar transporte público.
  • Voante de empadroado no concello no cal se solicita a tarxeta.
  • Permiso de condución. Copia do Permiso de Conducir da persoa minusválida, ou da persoa/ás que vaian conducir habitualmente o vehículo se a persoa minusválida non puidese.
  • Declaración xurada. Es caso de que a persoa minusválida non poida conducir o vehículo, incluír declaración xurada da persoa que será o condutor habitual do devandito vehículo.
  • Xustificante do pagamento do IVTM. Xustificante do pagamento do último recibo do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do vehículo que vai utilizar a persoa minusválida, xa sexa como condutor ou como pasaxeiro.
  • 1 Fotografía tamaño carné.

Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Unidade tramitadora:
Benestar Social.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo máximo notificación resolución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.