Sede electrónica Concello de Bergondo

20:41:29 Mércores 13 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de información urbanística

O procedemento "solicitude de información urbanística" ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dun inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter información sobre o réxime urbanístico de aplicación a unha determinada leira ou parcela.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de información urbanística.
  • Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística (formato pdf).
  • Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación ou, de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, (elaborado por técnico competente segundo LOEA e visado polo colexio profesional) se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións existentes, nos casos pertinentes.
  • Referencia catastral da leira ou inmoble obxecto das actuacións.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de Información Urbanística.

Unidade tramitadora: Departamento de Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Técnico Urbanismo.

Prazo máximo notificación resolución: 3 meses.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.