Sede electrónica Concello de Bergondo

20:41:49 Mércores 13 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do servizo de axuda a domicilio

O procedemento de "servizo de axuda a domicilio" pretende xestionar a demanda dos/as veciños/as do Termo Municipal de Bergondo que, por ter limitada a súa autonomía persoal e/ou social precisan dun apoio domiciliario que lles permita continuar na súa contorna social máis inmediato, e cunha calidade de vida digna e satisfactoria.

Calquera persoa física que resida e estea empadroada no Termo Municipal de Bergondo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Axuda a Domicilio e DNI do solicitante e/ou usuario/a.
  • Tarxeta sanitaria do/a usuario/a.
  • Datos de Saúde: Informe médico dos servizos de Saúde, onde se detallen as doenzas que causan a situación de dependencia: resolución de grao e nivel de dependencia e tratamiento médico farmacolóxico cando se solicita apoio nos tratamentos médicos ao/a usuario/a.
  • Xustificante de ingresos: Xustificante de ingresos da persoa usuaria, cónxuxe ó parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 ou maiores en situación de discapacidade, que dependan economicamente desta.
  • Volante de Empadroamento colectivo.
  • Copia da última declaración da Renda e patrimonio, ou do certificado acreditativo de  non ter que realizar dita declaración.
  • Xustificantes Bancarios. Xustificantes bancarios dos rendementos de capital mobiliario da/s persoa/s que proceda (interesado/a cónxuxe, ...) cando non se presente IRPF en vigor.
  • Resolución PIA (Acceso persoas valoradas dependentes). Resolución do PIA (Programa Individual de Atención) onde se fixe o SAF municipal como recurso idóneo.
  • Certificado de Grao e Nivel de dependencia (Acceso persoas valoradas dependentes), ou de discapacidade, para as persoas que pretendan acceder ao servizo por libre concorrencia.

Nome: Solicitude do servizo de Axuda a Domicilio.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais Municipais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte ou de oficio.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Concelleira Delegada de Benestar Social, Deporte e Xuventude.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo máximo notificación resolución: Non ten.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.