Sede electrónica Concello de Bergondo

23:15:43 Sábado 8 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición na convocatoria do programa de préstamo de libros de texto (curso 2020-2021)

É obxecto da presente convocatoria regular o programa de préstamo de libros de texto do Concello de Bergondo para o curso escolar 2020-2021.

Poderán acollerse os/as estudantes empadroados/as no concello de Bergondo que cursen os estudos no C.P.I Cruz de Sar en calquera dos seguintes cursos:

  • 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria.
  • 1º, 2º, 3º ou 4º de secundaria.

As solicitudes presentaranse por calquera das seguintes vías:

  • A través da SEDE ELECTRÓNICA.
  • Cubrindo o formulario que estará dispoñible na páxina web do concello.
  • Enviando o modelo de solicitude (dispoñible na páxina web) a cultura.deportes@bergondo.gal

O prazo estará aberto dende o 2 de xullo ata:

  • O 17 de xullo para o alumnado que promociona de curso.
  • O 10 de setembro unicamente para os que no prazo anterior descoñezan
    se pasan de curso.

Nome: Solicitude de inscrición na convocatoria do programa de préstamo de libros de texto (curso 2020-2021).

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Taxas/impostos: NON

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.