Sede electrónica Concello de Bergondo

14:37:25 Luns 18 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2019-2020)

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto da presente convocatoria favorecer o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.

O prazo de presentación de solicitudes é do 18 de outubro ao 8 de novembro do presente ano (ambos inclusive).

Poderán acollerse os/as estudantes empadroados no Concello de Bergondo que cursen calquera dos seguintes estudos dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega

  • Educación Infantil (0-5 anos).
  • Bacharelato.
  • Formación Profesional.
  • Ensinanzas de réxime especial.
  • Educación universitaria.
  • Programas internacionais oficiais.
  • Outros estudos oficiais homologados.

 Deberán cumprir ademais os seguintes requisitos:

  • Estar empadroados/as durante a totalidade do curso escolar 2019/2020 no concello de Bergondo. No caso contrario poderá solicitarse a devolución da axuda.
  • Estar empadroados/as a máis de 1 km de distancia do centro de estudos.
  • Estar matriculados/as nun centro de ensino público.
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias e da Seguridade Social, de non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente no cumprimento de obriga por reintegro de subvencións, e autorizar ao concello de Bergondo para que realice as comprobacións oportunas durante o período que dure o proceso.

Non poderán acollerse as persoas que se encontren nos seguintes supostos:

  • Ter solicitada ou concedida para o presente curso lectivo calquera outra axuda económica para o mesmo fin, que cubra na súa totalidade os gastos de desprazamento.
  • Cursar estudos de Educación primaria ou secundaria (ESO).
  • Estar matriculados en centros privados ou públicos concertados.
  • Cursar estudos con duración inferior a 6 meses.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica ou, opcionalmente no rexistro xeral do concello de  concello de Bergondo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Instancia telemática a través do botón INICIAR TRÁMITE On Line (no caso de optar pola presentación telemática).
  • Solicitude
  • Alta Terceiros
  • Fotocopia do D.N.I. No caso de presentalo en convocatorias anteriores e se non se renovou, non será necesaria a súa presentación
  • Certificado ou acreditación de estar matriculado/a no actual curso académico. Preferiblemente este documento será expedido polo centro de estudos correspondente. No caso contrario, admitirase fotocopia do resgardo da matrícula e do pago das taxas correspondentes. (non necesario para os matriculados/as na escola infantil municipal de Bergondo)

Nome: Solicitude de axudas económicas aos desprazamentos con fin escolar dirixidas aos estudantes empadroados en Bergondo (curso 2019-2020)

Unidade tramitadora: Ensino.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:  Xunta de Goberno Local

Carácter silencio administrativo: Segundo normativa.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo

Canles de atención: Telemático 

                                  Presencial