Sede electrónica Concello de Bergondo

08:53:45 Sábado 22 de xaneiro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria pública 1 praza de Oficial admin., escala admin. xeral, subescala admin. (OEP 2021)

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto desta convocatoria é a selección por oposición libre dunha praza de oficial administrativo, subescala administrativa de Administración xeral (funcionario de carreira) incluida na Oferta de Emprego Público de 2021.

  • Forma telemática (preferente): unha vez dentro, pinchar no botón "Entrar". Cubrir o formulario e achegar co mesmo a documentación requirida.
  • Forma presencial. Requírese cita previa no Rexistro Xeral do Concello, ou en calquera dos lugares establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación e dende o 08/12/2021 ata 27/12/2021 (ambos incluídos).

  • Anexo I das Bases específicas. Se a presentación faise de forma telemática, este Anexo I presentarase como documentación adxunta, debidamente asinado polo/a aspirante. Se a presentación faise de forma presencial, este Anexo I equivale á solicitude.
  • Fotocopia do DNI ou documento equivalente.
  • Fotocopia da titulación requirida.
  • Fotocopia do certificado CELGA nivel 4 ou equivalente.
  • Xustificante acreditativo do pagamento dos dereitos de exame (21,00 euros) na conta bancaria do Concello núm. ES95/2080/0045/98/31100000/71 (Concepto: proceso selección administrativo).

Autoliquidación
No suposto de presentar a solicitude de participación telemáticamente a través da sede electrónica municipal, non fará falta achegar o impreso de autoliquidación da taxa, abondando achegar o xustificante de ter feito a transferencia bancaria na conta municipal indicada.

En todo caso, no documento acreditativo do ingreso dos dereitos de exame deberán figurar nome, apelidos e DNI do/da aspirante, e a praza á que concorre a persoa interesada.

Nome: Convocatoria para a selección por oposición libre dunha praza de oficial administrativo, subescala administrativa de Administración xeral (funcionario de carrera) incluida na Oferta de Emprgo Público de 2021.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Según normativa.

Taxas/impostos: Consultar la ordenanza fiscal del apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.